Vassé

Vassé

Familia de escultores franceses. François-Antoine Vassé (Toulon 1681-París 1736) traballou en Versailles, na casa do concello de Toulouse e en Notre-Dame de París. O seu fillo Louis-Claude Vassé (París 1716-1772) fixo, entre outras obras, o mausoleo de Estanislau I de Polonia, na igrexa de Notre-Dame-de-Bon-Secours, de Nancy.