Vázquez Vázquez, José Luis

Vázquez Vázquez, José Luis

Pintor. Coñecido como Vilaseco, realizou cadros costumistas, moitos deles doados ao Museo Municipal de Rodeiro. Fundador e expresidente da Asociación Artístico-Cultural de Pontevedra, foi cofun­dador e directivo da revista Contrastes. Cabaleiro da Real e Militar Orde de San Hermenexildo e da Serenísima Orde de Cabaleiros e Damas do Camiño de Santiago, recibiu a Medalla de Bronce de Galicia (2004).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : O Pino