Vega, Garcilaso de la
Poeta. Considerado na Península Ibérica como o primeiro poeta humanista en lingua vulgar, formou parte da corte do Emperador Carlos I desde 1520. O seu desterro e estadía en Nápoles (1532-1535) foron fundamentais para a súa formación intelectual. A súa breve obra poética foi publicada polo seu amigo Juan Boscán en Las obras de Boscán y Garcilaso (1543). Máis adiante, os seus editores e comentaristas, Sánchez de Las Brozas e F. de Herrar, engadiron algúns poemas inéditos. Consta en total de oito cancións de metro curto, 38 sonetos, cinco cancións, dúas elexías, unha epístola a Boscán, tres églogas e tres odas latinas. As fontes principais son os clásicos, como Virxilio e Horacio, e outros autores modernos, como Ausiàs March, Ariosto, Sannazaro e, sobre todo, Petrarca. Incorporou dunha maneira definitiva o decasílabo xunto coas formas estróficas onde interveñen novos contidos e unha nova linguaxe poética. Introduciu na lírica as novas concepcións neoplatónicas sobre o mundo e así mesmo sobre o amor, aínda que mantén en ocasións unha actitude próxima á dos poetas do s XV.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Toledo -
Deceso
Lugar : Niza