Vega de Valcarce
Vega de Valcarce
Municipio da comarca do Bierzo, situado na provincia de León, Castela e León, e situado á beira do Camiño Francés de peregrinación a Santiago (844 h [2001]). A economía baséase no sector agropecuario. Atópase na área lingüística do galego oriental-central, e a súa historia está moi vinculada á ruta xacobea. As parroquias que o integran pertenceron á diocese de Lugo ata 1945, data en que pasaron á de Astorga. En 2000 debateuse no pleno da corporación municipal unha moción que propuña principiar a tramitación dun expediente de anexión á Comunidade Autónoma de Galicia, pero foi rexeitada e a declaración do galego como lingua oficial (2001), revogouse.