Vega y Carpio, Félix Lope de

Vega y Carpio, Félix Lope de

Poeta, prosista e autor dramático. Coñecido como Lope de Vega e Fénix de los Ingenios, formouse en parte nas universidades de Alcalá e Salamanca. Posteriormente ingresou na Armada e foi secretario do marqués de Sarria. De temperamento vivo e exaltado, sobre todo no aspecto sentimental, a súa intensa vida reflíctese na obra lírica, tanto nos sonetos de Rimas humanas (1602) e Rimas sacras (1614), coma nos romances compilados no Romancero general (1600) e en La Dorotea (1632). Cunha extraordinaria capacidade para imitar a poesía popular, escribiu poemas épicos, burlescos, relixiosos, históricos e mitolóxicos, narracións e novelas pastorís (La Arcadia, 1589), bizantinas (El peregrino en su patria); e curtas (La prudente venganza, 1624). En 1609 apareceu o seu Arte nuevo de hacer comedias, onde recomendaba prescindir das regras clásicas, mesturar o elemento tráxico co cómico e introducir nel o popular, a fin de que o teatro fose unha auténtica imitación da vida. Da súa extensa produción teatral que se conserva (unhas 460 obras de 1.500 que escribiu), pódense distinguir pezas de motivos e tradicións castelás e hispánicas, como El Caballero de Olmedo, Peribáñez y el comendador de Ocaña, El caballero de Olmedo e Fuenteovejuna; relixiosas e de costumes, como La dama boba; e outras mitolóxicas e de ambiente exótico.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Madrid

  • Deceso