Vélaro de Ouro, Insigne Orde do

Vélaro de Ouro, Insigne Orde do

Orde civil e cabaleiresca creada para propagar a fe católica, en 1430 (en 1429 segundo o cómputo antigo) polo duque Filipe III de Borgoña con motivo do seu enlace con Isabel de Portugal. Polo matrimonio (1477) de María I de Borgoña co arquiduque Maximiliano I de Austria, o maxisterio da orde pasou aos Habsburgo e con eles aos monarcas españois con Carlos I. Á morte do Rei Carlos II (1700), derradeiro dos Austrias hispánicos, o gran maxisterio da orde exercérono o Rei Filipe V de España e o Emperador Carlos VI. Desde a morte do emperador (1740) houbo dúas ramas da orde, a hispánica e a austríaca, coa coexistencia de grandes mestres, pero os reis de España sempre protestaron polas pretensións dos emperadores austríacos, e xamais recoñeceron a lexitimidade. O seu xefe e soberano é o Rei Xoán Carlos I. En 1953 o goberno republicano de Austria recoñeceu oficialmente a personalidade xurídica da orde; ; o seu soberano é o arquiduque Carlos de Austria.