Velasco Agüero, Melchor de
Arquitecto. Membro dunha familia de canteiros da comarca cántabra de Trasmiera, traballou en Asturias e en 1658 instalouse en Santiago de Compostela, chamado polas monxas beneditinas de San Paio de Antealtares para continuar coa reforma do mosteiro e, despois do incendio de 1659, reconstruílo. A súa linguaxe arquitectónica é clasicista. En 1661 encargouse da construción da igrexa do mosteiro de San Salvador de Celanova e en 1664 fíxose cargo das obras de San Martiño Pinario. Proxectou un cárcere público para a cidade que non se realizou e construíu ao redor de 1663 a capela do Santo Cristo de Burgos na catedral. Realizou tamén a igrexa do colexio das Orfas (1664), a ampliación do convento de Santa María de Belvís (1664) e, fóra de Santiago de Compostela, as capelas de San Ildefonso en Santa María de Iria Flavia (1666) e da Virxe do Rosario en Santa Baia de Arealonga (Vilagarcía de Arousa, 1666-1698), e a casa do bispo de Quito (1666) en Padrón.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Santa Eulalia de Suesa, Ribamontán al Mar -
Deceso
Lugar : Santiago de Compostela