Vello do Pico-Sagro, O
Vello do Pico-Sagro, O
Publicación aparecida na Coruña entre o 3 de marzo e o 28 de abril de 1860. Fundada e dirixida polos irmáns Francisco María e Antonio de la Iglesia e sen periodicidade fixa, está considerada como a primeira publicación escrita integramente en galego. A través de diversas crónicas asinadas por Francisco, tratou a Guerra de África dun xeito benévolo.