Venecia, golfo de

Venecia, golfo de

Gran golfo formado polo extremo setentrional do Mar Adriático, desde a costa da península de Istria ata o delta do Po. As súas costas son baixas e con numerosas lagoas e margas, a causa dos aluvións do Isonzo, Tagliamento, Piave, Brenta e Adige e Po.