Venizelos, Elefthèrios
Venizelos, Elefthèrios
Político e xurista. Tomou parte na revolta cretense contra os turcos (1897) e obtivo o recoñecemento da autonomía de Creta. Conselleiro de Xurxo I de Grecia (1901), axiña proclamou pola súa conta a enose da illa con Grecia (1905). Presidente do consello de ministros, marcou a política grega entre 1910 e 1935. Constituíu un goberno provisional en Tesalónica e declaroulle a guerra a Alemaña, polo que conseguiu diversas cesións territoriais (Macedonia, Tracia e Esmirna, cunha franxa interior de Asia Menor), a través dos tratados de Neuilly e Sèvres (1919). Tras a ofensiva de Turquía (1922), regresou a Atenas (1924), pero foi desterrado. Refuxiado en París (1935), foi condenado a morte.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Mournies, Creta -
Deceso
Lugar : París