verdade
(< lat veritāte)
-
s
f
-
Conformidade de aquilo que se pensa, que se expresa, coa realidade.
Ex: Non responde da verdade desta nova.
-
Idea ou proposición que non pode ser negada racionalmente.
Ex: As verdades científicas son demostrables.
-
Existencia real dunha cousa
Ex: O home que viches é de verdade.
-
Aquilo que é verdadeiro nun sentido absoluto.
Ex: Eu son o camiño, a verdade e a vida.
-
Expresión sincera daquilo que se sabe ou se presenciou.
Ex: Falar con acento de verdade.
-
Aquilo que se di a outro sobre os seus defectos ou as queixas que del se teñen, sen compadecelo. OBS: Adoita empregarse en plural.
Ex: Dicindo as verdades, pérdense as amizades.
-
-
s
f
[FILOS]
Concepto fundamental e, na súa problemática mesma, obxecto central da reflexión filosófica de todos os tempos. Atendendo á súa tripla raíz etimolóxica, hebraica, grega e latina-, poderíase definir a verdade como a realidade mesma, en tanto que é manifesta, digna de confianza e obxecto do coñecemento e da palabra en que esta se expresa. A comprensión orixinaria, na súa conceptualización grega, da verdade como unha identidade entre o real e a súa manifestación levou posteriormente ao problema da distinción entre episteme (coñecemento do verdadeiro) e doxa (opinión), chegando a ser a cuestión central da tradición filosófica de Occidente. Tamén se deron a distinción augustiniana entre verdades eternas (universais e inmutables) e nocións comúns (verdades continxentes e non verdadeiras) e a diferenciación escolástica entre verdade transcendental e predicamental. A filosofía de Kant (distinción noúmeno-fenómeno) non foi, senón a explicitación e culminación do feito de que o problema da verdade foi un problema nunca resolto na tradición occidental. Por outra banda, a crise da consciencia crente, que resolvía o gran problema da verdade e do coñecemento mediante a autoridade divina dunha palabra de revelación, determinou a emancipación do coñecemento propiamente científico, como a propia dunha busca inmanente da verdade. Na situación contemporánea (occidental e universal), o problema de harmonización entre verdade revelada e verdade racional (entre fe e razón, ou entre teoloxía e filosofía), estivo reformulada coa distinción entre a chamada verdade científica e outros tipos de verdade como a relixiosa, a filosófica-metafísica e a moral.
Frases feitas
-
2 Real.
-
3 Auténtico ou como debe ser.
-
A dicir verdade. Francamente ou para ser sincero.
-
De verdade. 1 Expresión coa que se di que algo é certo.
-
De verdade? Estás seguro?
-
En verdade. Realmente.
Refráns
- A verdade adelgaza pero non creba.
- A verdade é aceda e a mentira é doce.
- A verdade é filla da caridade.
- A verdade é filla de Deus e afiliada do demo.
- A verdade é filla de Deus; e a mentira, do diaño.
- A verdade foxe dos currunchos.
- A verdade fura as paredes.
- A verdade non é máis ca unha.
- A verdade non perde por nena nin a mentira gaña por vella.
- A verdade non ten máis que un camiño.
- A verdade non ten pes e anda.
- A verdade ten forza, porque non se creba.
- A verdade ten moita forza.
- Andade a dicir verdades e morreredes nos hospitales.
- As verdades sempre amargan.
- As verdades sempre amargan.
- Do que vai torto non digas que vai dereito.
- Falar e ¡sexa quen queira!
- Máis vale dicir verdades que parezan mentiras, que mentiras que parezan verdades.
- Mal me queren as comadres, cando lles digo as verdades.
- Mal me queren as comadres, porque lles digo as verdades.
- Non se han dicir tódalas verdades en tódolos tempos e lugares.
- Non traias enganado o médico, o confesor nin o avogado.
- Ó médico e ao avogado, non o traias enganado.
- Ó médico, ao confesor e ao avogado falarlle claro.
- Ó teu abade dille sempre a verdade.
- Para verdades, o tempo.
- Por dicir as verdades, pérdense moitas amistades.
- Quen di a verdade non peca nin mente.
- Quen non crea a verdade, verdade non dirá.
- Quen verdade non me ere, verdade non me di.
- Vive sempre coa verdade e vivirás con seguridade.