Verdun, Batalla de
Verdun, Batalla de
Conxunto de operacións militares que se desenvolveron entre 1916 e 1917, no transcurso da Primeira Guerra Mundial, na zona de Verdun e no río Mosa. Concibida como un ataque de desgaste, a ofensiva alemá topou cunha resistencia encarnizada do exército francés, comandado por Pétain e que acabou converténdose nunha guerra de trincheiras. En agosto de 1917 os franceses retomaron a iniciativa, e ao cabo dun ano xa recuperaran as posicións iniciais.