Verdun, Tratado de
Verdun, Tratado de
Acordo asinado en Verdun, en agosto de 843, entre os fillos de Ludovico Pío, que resolveu os conflitos provocados pola repartición do Imperio Carolinxio. Lotario obtivo o título imperial (Lotario I), o N de Italia e unha franxa central que abranguía do mar do Norte ao Mediterráneo. Carlos o Calvo obtivo Francia (Carlos II) no O do Mosa, o Saona e as Cevenes. A Luís o Xermánico correspondeulle a zona oriental do Imperio (Luís II de Alemaña).