Verea, Xoán

Verea, Xoán

Impresor. Casado cunha filla do editor Manuel María Vila, del herdou os obradoiros tipográficos cos que se estableceu primeiro en Vigo, onde foi o segundo editor na cidade (1835), e logo en Pontevedra (1836). Co tempo estableceuse en Tui (1852-1853). A súa viúva e fillos continuaron co negocio á súa morte, coa edición do Bosquejo histórico de Galicia (1854), de Xoaquín Araújo, e dun libro de López de la Vega, Santa Cristina de Valeije (1857).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Pontevedra