Vermont
Vermont
Estado de EE UU, situado en Nova Inglaterra (24.900 km2; 608.827 h [2000]). A capital é Montpellier (8.035 h [2000]). Esténdese, en forma alongada, entre o río Connecticut, que lle serve de límite oriental, e o lago de Champlain, ao O, e entre Canadá, ao N, e Massachusetts, ao S. Os principais cultivos son o feo e as mazás. Destaca o gando bovino, principalmente vacún para a produción de leite. Ten industrias téxtiles, papeleiras, da pel e alimentarias. Habitada polos iroqueses, foi explorada por S. de Champlain (1609) e disputada por ingleses e franceses (s XVII-XVIII). Converteuse en Estado en 1791 e combateu a favor da Unión durante a Guerra de Secesión.