vermú

vermú

(< al Wermut ‘asente’)

  1. s m [ALIM]

    Bebida feita con viño e aromatizada con diversas herbas como a sarxa ou o tomiño. Prepárase por maceración ou disolución de extractos de plantas e déixase repousar para que acade o aroma característico. Pode ser doce (12-20% de azucre) ou seco (3-5% de azucre), e o seu grao alcohólico é de 15 a 20°.

  2. s m

    Conxunto de tapas e bebidas que se toman antes de comer.

  3. s m

    Función de cine ou teatro que se celebraba pola tarde antes das sesións habituais.