Verona, Congreso de

Verona, Congreso de

Último congreso das potencias da Santa Alianza, celebrado en Verona entre outubro e decembro de 1822. Nel tratouse a retirada das tropas austríacas do Piemonte e a súa redución a Nápoles, a retirada das tropas turcas de Moldavia e Valaquia, e decidiuse a intervención francesa (Cen Mil Fillos de San Luís) en España co obxecto de restaurar a Fernando VII no poder.

Palabras veciñas

Vero, Lucio | Verona | Verona | Verona, Congreso de | Verona, marca de | Verona, Proceso de | veronal