verticalismo
verticalismo
s
m
[POLÍT/SOCIOL]
Doutrina sindical que propiciou a configuración da Organización Sindical Española durante o Franquismo. Pretendía fusionar os intereses sociais daqueles que interviñan no proceso de produción e superar os antagonismos de clase. Encadrou a empresarios e traballadores nun único organismo sindical que, sometido ás directrices gobernamentais e dirixido por militantes falanxistas, chegou a ser un medio de aplicación da política económica e social da ditadura e un instrumento de control do movemento obreiro.