vértice

vértice

(

  1. s m [MAT]
    1. Punto en que concorren dous lados dun ángulo ou dous lados dun ángulo poliédrico.

    2. Punto dun cono ou dunha pirámide máis afastado da base.

    3. Punto dunha curva en que esta se encontra co seu eixe.

  2. s m [BIOL]

    Prominencia dun órgano, especialmente na cabeza (parte máis alta do cranio) e nos pulmóns.

  3. s m [ARQUIT]

    Punto máis alto dun arco.

  4. s m

    Momento de máxima intensidade, importancia ou transcendencia de algo ou alguén.

  5. vértice xeodésico [XEOG]

    Punto do terreo do que se calcularon as coordenadas xeodésicas cunha gran precisión. Sinálanse por medio de fitas de pedras ou de formigón. O conxunto de diversos vértices constitúen unha rede xeodésica.