Vesteiro Torres, Teodosio

Vesteiro Torres, Teodosio

Escritor e músico. Formado no seminario de Tui (1860), foi vicepresidente da Juventud Católica de Tui e director da orquestra da catedral. En 1871 marchou a Madrid para ensinar música e publicou Flores de la soledad, en que incluíu seis melodías para canto e piano. En 1875 fundou en Madrid a asociación Galicia Literaria. Da súa obra destacan, ademais de diversos scherzos para piano, canto e pequena orquestra, os libros Versos (1874), Rimas de D. Rodrigo de Moscoso y Osorio, vizconde de Altamira. Siglos XV a XVI (1875), Galería de Gallegos Ilustres (1875), Monografías de Vigo (1878) e Páginas sueltas (1892).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Vigo

  • Deceso

    Lugar : Madrid