Vézelay

Vézelay

Municipio do departamento de Yonne, en Borgoña, Francia, situado sobre un outeiro que domina o val da Cure (492 h [1999]). No s IX foi fundado un mosteiro beneditino, que acadou un gran prestixio por ser un punto de partida da peregrinación a Santiago de Compostela. A basílica da Madeleine, de estilo borgoñón, e a casa do concello foron declaradas Patrimonio da Humanidade pola UNESCO (1979).