viaxe
(
-
s
f
Acción e efecto de viaxar.
-
s
f
Percorrido que se realiza nun medio de transporte ao desprazarse dun lugar a outro.
-
s
f
-
Cada unha das veces que se vai e vén, dun lugar a outro, para transportar algo ou a alguén.
-
Carga que se pode transportar dunha soa vez.
-
-
s
f
Cantidade de comida ou bebida que se inxire dunha soa vez.
-
s
f
Estado provocado polo consumo dalgunha droga.
-
libro de viaxes
[LIT]
Narración onde se recollen as aventuras acontecidas durante unha viaxe, sobre todo nas obras máis antigas, con profusión de elementos fabulosos ou épicos, ou con especial relevo nas descricións de países, cidades, tipos humanos, costumes, etc. O elemento fantástico, con todo, non está ausente durante a Idade Media, xa que o veneciano Marco Polo fixo unha relación seria e obxectiva das súas viaxes a Extremo Oriente. Durante os ss XV e XVI as descubertas de novas terras foron motivo de numerosas relacións: as viaxes de Colón, Vespuci e Magalhães, entre outras. Os obxectivos das expedicións chegaron a ser científicas durante os ss XVIII e XIX (Cook, Humboldt e Livingstone), obxectivos que se mantiveron ata hoxe.
Refráns
- Ben burro é quen, tendo burro, viaxa a pe.
- Boa viaxe fai o que vai e volve.
- Ir e vir é carrexar; e non ir é non tomar.
- Irei, irei e á miña casa volvereí.
- Quen vai e volve, boa viaxe faí.
- Tal terra andar, tal hai que falar.
- Viaxe derradeiro, ou ben cargado ou ben baleiro.