vibrador -ra

vibrador -ra

(< vibrar)

  1. adx

    Que vibra ou que produce vibracións.

  2. s m
    1. Aparato que produce vibracións.

    2. Aparato que produce estimulación sexual, dotado dun movemento vibratorio regulable.

    3. [TECNOL]

      Aparato ou dispositivo que produce vibracións mecánicas, que poden ser aplicadas a diferentes pezas ou corpos, con finalidades moi diversas.

    4. [TECNOL]

      Dispositivo que, xunto cunha bobina de indución, produce vibracións nunha pequena lámina flexible. Ten aplicacións nos timbres e outros avisadores acústicos.

Palabras veciñas

Viborg | Viborg | vibración | vibrador -ra | vibráfono | vibramicina | vibrante