vibráfono
vibráfono
(< vibrar + -fono)
s
m
[MÚS]
Instrumento de percusión de láminas de aceiro, análogo ao xilófono, que se percute con diversos materiais. Un pedal expresivo regula a intensidade do son. A súa extensión é de tres oitavas, de fa2 ao fa5. Creouse na década de 1930 no ámbito do jazz e da música lixeira e posteriormente foi incorporado á orquestra sinfónica.