Vicente, Gil
Autor dramático portugués. Fundador do teatro portugués, inspirouse na tradición popular, nos mimos e nos ciclos teatrais da Paixón e Nadal (Autos de Reis), e creou tipos e personaxes con trazos da vida cotiá. Das súas 44 obras, 11 delas escribiunas en castelán, 15 en portugués e 18 en ambas as dúas linguas. No Auto da barca do inferno (1516), Auto da barca do purgatorio (1518) e Auto da barca da gloria (1519), inspiradas na Divina Commedia de Dante, sintetizou elementos medievais e renacentistas. Algunhas farsas, como Inês Pereira, O Velho da Horta e Auto da Índia presentan unha auténtica intriga. Os autos pastorais, como Auto pastoril português e Auto pastoril da Serra da Estrela, son máis propios da tradición popular. Na súa obra tamén escenifica episodios de novelas cabaleirescas, como en Comédia Rubena, Don Duardos e Amadís. Outras obras, como a Comédia do Viúvo e a Farsa dos Físicos, ofrecen información sobre a vida portuguesa do s XVI.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Lisboa -
Deceso