Vicetto Pérez, Bieito

Vicetto Pérez, Bieito

Escritor e historiador. Foi soldado voluntario ata que decidiu abandonar o corpo en 1850. Introduciuse nos círculos literarios provincialistas a través das súas colaboracións sobre historia galega na prensa, como en El Recreo Compostelano (1842-1843), Crónica de Occidente, El Diario e Revista Galaica. Foi director de El Clamor de Galicia (1854-1856). Influído por Walter Scott, a súa obra agrúpase en 50 volumes e divídese en novelas históricas, cabaleirescas, sociais ou costumistas, como El caballero verde (1844), Los hidalgos de Monforte (1851), en que conta o enfrontamento entre o conde de Lemos e os irmandiños, mandados polo mariscal Pardo de Cela; Magdalena (1861) e El cazador de fantasmas (1877). Tamén escribiu Los reyes suevos de Galicia (1860), La baronesa de Frije (1874) e Historia de Galicia (1865-1873), unha obra dividida en sete tomos, onde amosa a súa faceta como historiador romántico e na que emprega basicamente a imaxinación e a ficción en lugar das fontes e da crítica.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Ferrol

  • Deceso