Vidal
Vidal
Liñaxe de orixe galega que trae por armas, en campo de goles, unha torre de prata sumada de medio corpo de león nacente das ameas, acompañada de tres cunchas de vieira de ouro, unha en cada flanco e outra na punta do escudo. Outro trae, en campo de goles, unha aguia de prata coroada de ouro.