Vieira, Álvaro Siza
Vieira, Álvaro Siza
Arquitecto. O seu traballo caracterízase por unha tarefa proxectual extremadamente culta e elaborada en obras de dimensión xeralmente reducida. Dirixiu a reconstrución do barrio incendiado do Chiado de Lisboa e a recuperación do Schilderswijk da Haia. Autor de numerosas obras en Europa e América, en España realizou, entre outras, o Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) e o Parque de Bonaval en Santiago de Compostela, e o proxecto de remodelación do Paseo del Prado de Madrid. Recibiu, entre outros galardóns, o Premio Pritzker (1992) e o Premio Wolf na sección de Artes (2001).
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Matosinhos