Vieiros
Vieiros
[PUBLIC]
Revista publicada en México a partir de 1959. Cesou en 1968 (nº 4). Subtitulada “Revista do Padroado de Cultura Galega do México”, foi editada por un grupo de galegos exiliados comprometidos co Padroado. De saída irregular (1962, 1965 e 1968) tivo como directores sucesivos a Luís Soto, Carlos Velo, Florencio Delgado Gurriarán e Xosé Caridad Mateos. Incluíu artigos de diversas materias, poesías, contos, debuxos e ensaios de carácter económico, político ou social. Cunha ideoloxía moi aberta, que englobaba o conxunto das tendencias do mundo cultural no exilio, contou cun deseño artístico coordinado por Arturo Souto en que confluíron destacados nomes do momento.