Vieiros
Vieiros
[PUBLIC]
Xornal electrónico (http://www.vieiros.com) creado en Santiago de Compostela en 1996 coa pretensión de funcionar como un portal de actualidade feito en galego. Dirixido por Anxo Quintela (2003-2005) e María Yáñez (desde 2005), mantén 15 delegacións locais que informan diariamente das novidades de toda Galicia, ademais de incluír entrevistas e outras informacións monográficas.