Viéitez Bértolo, Virxilio
Fotógrafo. Comezou fotografando os seus compañeiros de traballo e logo profesionalizouse en Catalunya, no estudo de Julio Pallí. De volta a Soutelo (1955) fíxose con numerosos clientes da comarca, desprazándose polas aldeas para facer retratos de vodas, velorios, comuñóns ou do DNI. A súa obra caracterizouse pola naturalidade e a dignidade das poses, e unha coidada escenografía no exterior, en que introducía todo tipo de elementos (coches, animais ou fondos vexetais). Con preferencia polo branco e negro, na década de 1970 introduciu a cor e fotografou escenas cotiás, labores agrícolas e actos sociais. Abandonou a fotografía en 1980. A súa obra reflicte a evolución da sociedade da época, o mundo da emigración e as súas consecuencias en Galicia.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Soutelo de Montes, Pontevedra