Viet-minh
Viet-minh
Nome científico:
[Liga Vietnamita para a Independencia; annamita: Vietnan Doc Lap Dong Minh]
Agrupación política revolucionaria creada en 1914 por Ho Chi Minh como unha fronte de todas as forzas nacionalistas e progresistas indochinesas na loita contra o imperialismo francés. Tras a Conferencia de Xenebra (1954), que dividiu Vietnam en dúas partes, o Viet-minh retirouse ao N e foi substituído polo Partido dos Traballadores Vietnamitas aínda que algúns guerrilleiros quedaron no sur e formaron con outras forzas a Fronte Nacional de Liberación.