Vietnam, República de ou Vietnam do Sur

Vietnam, República de ou Vietnam do Sur

Estado vietnamita que ocupaba Conchinchina e Annam ata o paralelo 17 entre 1955 e 1975. Despois da particición de Vietnam na Conferencia de Xenebra (1954), a zona sur, controlada polo sectores noroccidentais, opúxose á aplicación do tratado, seguindo os desexos estadounidenses. O primeiro ministro, Ngo Dinh Diem, mandarín, católico e anticomunista, destronou o Emperador Bao Dai e proclamou a República de Vietnam, axudado polos estadounidenses. As eleccións de 1956, fixadas pola Conferencia de Xenebra para a reunificación do país, aprazáronse indefinidamente. Preto dun millón de católicos fuxiron da República Democrática de Vietnam e instaláronse no sur, onde constituíron a espiña dorsal do réxime anticomunista. A partir de 1957 xurdiu un terrorismo nacionalista-comunista. En 1960 fundouse a Fronte Nacional de Liberación (FNL) e o terrorismo converteuse en guerrilla ao tempo que EE UU aumentaba o apoio a Ngo Dinh Diem. En 1963 os budistas desencadearon unha ofensiva xeral contra a ditadura. Un grupo de xenerais profranceses levou a cabo un golpe de estado que derrocou e matou a Diem; a situación militar agravouse e EE UU fomentou un novo golpe de estado (1964) que subsituíu os vellos xenerais profranceses por un grupo proestadounidense. Estableceuse un mando conxunto norvietnamita-estadounidense, e as operacións contra as guerrillas aumentaron en número e intensidade. En 1969 a República de Vietnam incorporouse ás conversas de París, iniciadas o ano anterior entre EE UU e a República Democrática de Vietnam. Tamén se incorporou a FNL, que creou entón o Goberno Revolucionario Provisional (GRP), presidido por Huin Tan Fat. Asinada a Paz de París (1973) e retiradas as tropas estadounidenses, o xeneral Tieu tivo que dimitir e Saigon rendeuse incondicionalmente (1975). En 1976 o estado reunificado tomou o nome de República Socialistas de Vietnam, pero a hexemonía interna correspondeu á zona norte.