Vilallonga y Cabeza de Vaca, José Luis de
Vilallonga y Cabeza de Vaca, José Luis de
Escritor e actor cinematográfico, marqués de Castellbell e grande de España. En 1950 marchou a Francia pola súa oposición ao Franquismo, aínda que o defendera na Guerra Civil. Iniciou un ciclo de obras que trataban os problemas da sociedade en España coa novela Les Ramblas finissent à la mer (1953). Continuou coas crónicas que criticaban a alta sociedade e publicou algúns libros de memorias, como La nostalgia es un error (1980) e La imprudente memoria (1985), e a biografía El Rey (1993), baseada nas conversas que mantivo con Xoán Carlos I. No eido cinematográfico colaborou en Les amants (1958), Breakfast at Tiffany’s (1961) e Sangre y arena (1989).
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Madrid