Vilanova, casa de

Vilanova, casa de

Construción situada en Armariz (Xunqueira de Ambía). Ten planta en forma de U co patio pechado por un muro. Nunha das ás laterais atópase a capela onde, como a porta de entrada, se fai referencia as Ulloa e Márquez. Na á sur consérvase unha solaina de madeira.