Vilanova, ponte de

Vilanova, ponte de

Construción situada sobre o río Arnoia en Allariz. Trátase dunha ponte de cantaría do s XV con dous vans de medio punto alombados. Atópase no Camiño Real de Castela a Ourense.