Vilanova, San Xoán de

Vilanova, San Xoán de

Igrexa parroquial situada en Miño. Construída no s XI en estilo románico, ten unha soa nave   e unha ábsida semicircular que, ao exterior, aparece dividida en tres panos separados por unha pilastra plana e decorada toda ela con arquiños cegos sobre os que se atopa unha cornixa voada.