Vilanova de Arroxo, pazo de

Vilanova de Arroxo, pazo de

Construción situada na Barra (Coles). Ten planta rectangular, moi simétrica, sen torres e con dous pisos e bufarda. Na fachada principal destaca unha escaleira de pedra con dous tramos que dá acceso á solaina que percorre a planta principal. Está rodeado dun patio onde se sitúa a capela e diversas construcións adxectivas. O patio péchase cun muro.