Vilanova de Dozón, San Pedro de ou San Pedro de Dozón

Vilanova de Dozón, San Pedro de ou San Pedro de Dozón

Antigo mosteiro de monxas beneditinas situado en Dozón. Segundo unha inscrición da ábsida da igrexa, foi realizado en 1154 por Goto Suárez e co apoio de Afonso VII. No s XVI pasou a depender do mosteiro de San Paio de Antealtares. Consérvase a igrexa de estilo románico, cunha soa nave de planta reactangular e ábsida semicircular con características cisterciense que marcan a transición cara ao gótico. A fachada principal está formada por unha porta, enmarcada entre contrafortes, de arquivoltas lixeiramente apuntadas sobre a que se estende un beirado de canzorros. A parte superior do muro da fachada norte está percorrida por unha sucesión de arquiños. Está dividida en tres lenzos separados por contrafortes onde se sitúan a porta de entrada, semellante á da fachada principal, e dúas ventás. Nesta fachada hai unha espadana de dous vans.