Villanueva Prieto, Francisco Darío
Ensaísta e investigador. Doutor en Filoloxía Hispánica pola Universidad Autónoma de Madrid e catedrático de Teoría da Literatura e Literatura Comparada da Universidade de Santiago de Compostela. Foi reitor da USC (1994-2002), vicepresidente da Conferencia de Rectores de Universidades Españolas (2001-2002) e membro do comité científico da Fundación Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes (desde 2003). Forma parte dos consellos editoriais e comités científicos de máis dunha vintena de publicacións periódicas, e os seus traballos traducíronse ao inglés, francés, portugués, ruso e árabe. Publicou, ademais de numerosos artigos de crítica literaria, El Jarama de Sánchez Ferlosio; su estrutura y significado (1973), Estrutura y tiempo reducido en la novela (1977), El comentario de textos narrativos: la novela (1989), El polen de ideas. Teoría, crítica, historia y literatura comparada (1991), Trayectoria de la novela hispanoamericana actual (1991), con J. Mª Viña Liste; Teorías del realismo literario (1992), La poética de la lectura en Quevedo (1995) e Retórica de la lectura y la comunicación periodísticas (1995). É doutor honoris causa pola Universidad Nacional San Luis Gonzaga de Ica (Perú), Birmingham (Reino Unido), Ciencias Empresariales y Sociales de Bos Aires, Colorado (EE UU) e Universidad Ricardo Palma de Lima. Recibiu a Orden Nacional al Mérito de la República del Ecuador e a Medalla Castelao (2005).
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Vilalba