Villar, Antonio del
Villar, Antonio del
(Redondela? 1682? - 1753?) Escultor e entallador. Formouse na diocese de Tui. Artista barroco, realizou o retablo da Expectación da catedral de Tui (1722-1728), onde fixo outras obras, e os retablos maiores de Santa María de Reboreda (Redondela), da colexiata de Santa María de Baiona (1726), da capela de Santa Liberata de Baiona (1738) e de San Domingos de Tui (1742), ademais doutras obras como diversas imaxes para o paso do Encontro do Venres Santo do convento de Santa Marta de Vigo, das que destacan o Nazareno coñecido como o das Tres Grazas.