Vil’uj
Vil’uj
Río de Rusia, en Iacutia e no kraj de Krasnojarsk, afluente do Lena pola esquerda (2.650 km de lonxitude). Flúe polo altiplano da Siberia central e polas terras baixas de Iacutia central. É navegable desde pouco máis alá da metade do seu percorrido. Os afluentes principais son o Ulakhan-Vava, o Čirkno, o Cona e o Markha. Destacan os portos fluviais de Vil’njsk e N’urba.