Virgo

Virgo
  1. [ASTRON]

    Constelación zodiacal situada entre as da Cabeleira de Berenice, o Boieiro, a Serpe, a Libra, e Hidra femia, o Corvo, a Copa e Leo. Contén 164 estrelas visibles a simple vista, das que unha é de primeira magnitude e tres de terceira. O astro principal é α-Virginis. Contén tamén un importante cúmulo de galaxias.

    Sinónimos: Virxe.
  2. Sexto signo do zodíaco, que en tempos de Hiparco coincidía coa constelación do mesmo nome, pero que hoxe, pola precisión dos equinoccios, ten no seu lugar a de León.

    Sinónimos: Virxe.