Virú

Virú

al da zona costeira setentrional de Perú, centro de diversas culturas precolombianas. As máis antigas (500?-350 a C), coñecidas tamén como Salinar e Gallinazo, caracterízanse pola cerámica rústica con decoración modelada e pintada en negativo e pola construción de grandes templos-pirámides a base de ladrillos ocos. Posteriormente estendéronse pola zona as culturas mochica (350-600), tihuanaca (1000?), chimú (1000-1440) e inca (1440-1532).

Palabras veciñas

virtuema | virtuosismo | virtuoso -sa | Virú | virulencia | virulento -ta | Virunga