Virunga

Virunga

Macizo volcánico de África central, ao N do lago Kivu, entre a República Democrática do Congo, Rwanda e Uganda. Na parte oriental hai seis volcáns apagados, entre eles o Kirisimbi (4.660 m), e na occidental dous activos, o Nyiragongo (3.480 m) e o Nyamlagira (3.058 m).