Visby

Visby

Capital do län de Gotland, na illa de Gotland, Suecia (21.000 h [estim 2000]). Centro comercial e porto de pesca da costa occidental da illa, é un centro turístico. Na Idade Media formou parte da Liga Hanseática. Foi declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO (1995).