visión
(< lat visĭōne)
-
s
f
Acción e efecto de ver.
-
s
f
[FISIOL]
Sensación producida nas neuronas sensitivas dos fotorreceptores. Estes utilizan a enerxía das ondas electromagnéticas da luz solar para producir unha reacción química na que se desprende enerxía, que se transforma nun impulso eléctrico de maior ou menor intensidade segundo a cantidade de luz percibida e a lonxitude de onda desta. Este impulso eléctrico transmítese a determinados centros nerviosos, nos que se produce a percepción visual e, nalgúns casos, a compresión do estímulo recibido. O límite da percepción vén determinado pola intensidade da luz e a lonxitude de onda capaz de estimular un determinado receptor, que depende da natureza do pigmento fotosensible do receptor ou dos receptores. A visión cromática ou da cor prodúcese cando están presentes unhas células específicas, os conos, que perciben as cores e traballan con intensidades de luz altas, mentres que as células fotosensibles normais, chamadas bastóns, só perciben o branco, o negro e os grises, e traballan tanto en intensidades altas coma baixas. Así mesmo, hai invertebrados que teñen dúas clases de células capaces de percibir as cores. A visión binocular, que só se dá nos vertebrados con ollos en posición frontal, resulta da coordinación de ambos os ollos na súa utilización simultánea, de xeito que as dúas imaxes se superpoñan, o que fai que a percepción nerviosa produza un efecto de relevo e unha medida exacta da distancia á que está situado o obxecto emisor de luz.
-
[RELIX]
-
s
f
Manifestación de cousas divinas propia da éxtase mística e interpretada como un don extraordinario ou mesmo sobrenatural.
-
visión beatífica
Categoría teolóxica con que se expresa o contido da retribución esencial e da perfección escatolóxica do home xusto despois da morte.
-
s
f
-
s
f
Punto de vista persoal sobre un asunto.