Vixnu
Vixnu
Nome científico:
[sánscr: Viṣnu]
[RELIX]
Divindade do panteón hindú. Na antiga relixión védica relaciónase con Indra, e ten caracteres cósmicos e solares. No hinduísmo clásico, a partir do Mahābhārata, representa o principio conservador na Trimūrti e constitúe a divindade suprema do vixnuísmo, adorada sobre todo nas súas principais encarnacións Rāma e Krisna.