vixnuísmo

vixnuísmo

(< antropónimo Vixnu)

s m [RELIX]

Forma do hinduísmo centrada no culto a Vixnu e nas súas encarnacións principais, Rāma e Krixna. Difundiuse por todo o N de India e engloba numerosas seitas filosóficas, sobre todo o viśi ṣṭ advaita de Rāmānuaja e o dualismo (dvaita) de Madhva, as formas devocionais de Śrinirāsa do país támil e do Sahajīya, de grande influencia tántrica.

Palabras veciñas

vixintivirato | vixintiviro | Vixnu | vixnuísmo | Vixoi | Vizcaíno Casas, Fernando | vizcondado