Vlaardingen

Vlaardingen

Cidade de Holanda Meridional, Países Baixos, que forma parte da aglomeración de Rotterdam (73.893 h [estim 1992]). Situada ao O de Rotterdam, ao pé da canle de Nievwe Waterweg, é un importante porto de pesca e centro industrial, especialmente a raíz da construción das dársenas da illa de Rozenburg (1958).